Metal Slug XX</Em> chegará o 19 de maio ao Xbox LIVE Arcade

xoves, 13 de maio do 2010 Marcus Fernández

Os grandes clásicos de recreativas, e especialmente os de Neo-Geo, non cesan de volver ás pantallas das nosas consolas de videoxogos, en grande medida grazas á oportunidade que abren as tendas de descargas, e así hai un par de anos puidemos ver a Metal Slug 3 no catálogo do Bazar de Xbox LIVE no que se vendía por 800 puntos, pero para o vindeiro mércores os seareiros desta saga van ver, non a resurrección dun clásico, senón unha nova entrega, pois Metal Slug XX porase á venda para a Xbox 360 por 1.200 puntos (14,4 euros).
Metal Slug XX é o título que levou en PSP a revisión do xogo Metal Slug 7 para Nintendo DS (primeira entrega da saga que non saíu inicialmente en máquina recreativa), ao que engadíronselle novos contidos e un modo multixogador.

PUBLICIDADE