Metro: Last Light estrea trailer de lanzamento
martes, 14 de maio do 2013
Para celebrar que o vindeiro venres chega ás tendas o
agardado xogo Metro: Last Light para PC,
PlayStation 3 e Xbox 360, veñen de estrear o trailer de lanzamento deste xogo
desenvolvido polo estudio ucraÃno 4A Games e ambientado no cada vez máis amplo
mundo de Metro, que tras o destacable
Metro 2033 ambienta unha nova
aventura no ano 2034.
Este xogo de acción en primeira persoa mantén os seus toques de aventura e survival horror, acadando un bo
equilibrio entre unha acción trepidante e certa tensión. Desta volta participaremos
dunha loita na que distintas faccións están a procurar facerse co poder
definitivo obtendo un mecanismo letal xurdido das cámaras militares de D6.
Para que a experiencia de xogo sexa o máis inmersiva posible, cómpre destacar
que o xogo chegará dobrado ao español.
- Metro: Last Light achéganos a un mundo post-apocalÃptico nunha perspectiva en primeira persoa
Trailer de lanzamento de Metro: Last Light