Micrófono de gorxa para a Xbox 360
martes, 2 de agosto do 2011
Ardistel vén de
incorporar ao seu catálogo de accesorios para a Xbox 360 o TX-1
Throat Mic, un comunicador de estilo militar fabricado por Gioteck que
conta cun micrófono de gorxa con auricular que detecta a voz por contacto e
transmite o sinal preciso para unha comunicación perfecta, contando cun control
de volume con interruptor para activar ou desactivar o micrófono e que ten un
colar totalmente axustable, illamento sonoro e xiro de 180 graos. Pero este dispositivo
está lonxe de ser un luxo, pois o seu prezo de venda é de só 14,95 euros, e
pode atoparse na meirande parte de tendas especializadas en videoxogos.
Os micrófonos de gorxa ou laringófonos
son moi habituais en contornos militares por recoller o son directamente a
través de sensores situados no pescozo, recollendo asà as palabras do seu
usuario en ambientes ruidosos ou falando en voz baixa, o que no caso das
consolas de videoxogos serve principalmente para poder falar cos amigos durante
partidas en rede pese a que teñamos sons de batalla a retumbar nos altofalantes,
ou sexa, que a súa principal función é a de redución o ruÃdo de fondo nas nosas
comunicacións.