Microsoft estrea unha funda con teclado de luxo para Surface Pro 4

martes, 12 de abril do 2016 Marcus Fernández

Para os que non se conforme coa funda con teclado básica para Surface Pro 4 chegou hai pouco ás tendas españolas unha versión da mesma que inclúe lector de pegadas dixitais, á venda por 179,99 euros, e polo mesmo prezo é de esperar que chegue en poucas semanas unha nova funda con teclado que vén de lanzarse nos EE.UU., e que en vez de optar por incorporar novas funcionalidades aposta por materiais de luxo.
A Signature Type Cover é unha funda de Alcantara (material semellante ao veludo producido en Italia) que achega unha estética, sensación e calidade inéditas, que resulta tan elegante como agradable. As súas teclas están espaciadas como nun teclado de portátil estándar e goza dun trackpad de cristal de grande tamaño. Mide 295 x 217 x 4,65 milímetros, pesa 285 gramos e é compatible tanto con tabletas Surface Pro 3 e Pro 4.
Unha curiosa aposta no mundo das tabletas, onde os fabricantes normalmente compiten en prestacións en vez de en accesorios de luxo.

A nova funda con teclado protexe a Surface Pro 4 durante o transporte e dálle un acabado elegante
A nova funda con teclado véndese nos EE.UU. por 159,99 dólares, polo que previsiblemente chegará a España a un prezo de 179,99 euros, deixando claro que é un accesorio de luxo

Vídeo de presentación da Signature Type Cover para Surface Pro 4

PUBLICIDADE