Microsoft presenta a súa base refrixerante para portátiles

martes, 10 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Microsoft ten unha forte liña de hardware que vén de estrear un novo produto que sorprendeu bastante, pois trátase da Notebook Cooling Base, unha base que serve de soporte para ordenadores portátiles á vez que os arrefría grazas a un ventilador integrado (alimentado a través do USB do equipo informático).
Esta base funcionaría con practicamente calquera portátil do mercado, ten un grosor de menos de 3 centímetros, o seu cable USB é retráctil (o que permite gardalo discretamente cando non se usa) e venderase a partir de xullo nos EE.UU. por 29,95 dólares en cor branca ou negra, quedando por determinar o seu prezo en Europa (aínda que é de agardar que custe 29,95 euros).

PUBLICIDADE