Microsoft presenta un teclado portátil compatible con Windows, iOS e Android
martes, 16 de setembro do 2014
Microsoft presentou hoxe un novo
teclado portátil pensado para funcionar indistintamente con dispositivos con
Windows, iOS e Android, facilitando os traballos de produtividade en
mobilidade e buscando asà suplir as carencias do uso ineficiente e incómodo de
teclados virtuais en pantalla.
Co Microsoft
Universal Mobile Keyboard búscase pode empregar o mesmo dispositivo de
entrada de texto, por exemplo, nun tablet ou portátil con Windows, nun iPad e
nun smartphone con Android, contando este accesorio cun deseño optimizado para
o seu transporte, xa que o teclado inclúe unha cuberta que pode servir como
soporte para un tablet, e que cando se pecha sobre o teclado non só o protexe,
senón que tamén o apaga.
Este novo produto de Microsoft porase á venda no mes de outubro a un prezo de
79,95 dólares (61,68 euros), e entre as súas especificación podemos indicar que
ten unhas dimensións de 242 x 109 x 12 milÃmetros, baterÃa recargable que
achega unha autonomÃa de até 6 meses de uso cunha única carga (podendo tamén
obter 8 horas de autonomÃa con só 10 minutos de carga), pode emparellarse con
até 3 dispositivos distintos mediante Bluetooth e a súa tecla de Inicio é
compatible con Windows, Android e iOS.
VÃdeo de presentación do novo teclado portátil de Microsoft