Minecraft estrea versión para Windows Phone 8.1

mércores, 10 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Que Microsoft mercase Mojang por 2.500 millóns de dólares deixa claro que a compañía de Redmond confía na franquía de Minecraft a longo prazo, e para comezar con bo pé, antes de que se cumpra un trimestre do anuncio da adquisición estrean Minecraft – Pocket Edition para Windows Phone 8.1, de xeito que os móbiles co último sistema operativo de Microsoft poden gozar xa da versión móbil dun dos xogos de máis éxito, que custa actualmente 5,99 euros.
Minecraft xa contaba con versións móbiles para iOS e Android, e ao chegar a Windows Phone 8.1 consegue facer aínda máis doado que os seareiros deste título poidan gozar dos modos Supervivencia e Creativo en practicamente calquera lugar, permitindo incluso modos multi-xogador en conexións Wi-Fi locais (permitindo así que poidamos xuntarnos con amigos para explorar novos mundos pixelados).

A nova aplicación consegue trasladar o xogo Minecraft a smartphones con Windows Phone

PUBLICIDADE