Minicadea Denon S-52
venres, 18 de xullo do 2008
Os reprodutores multimedia
persoais provocaron case a desaparición das minicadeas musicais en moitos
fogares, que non ven a necesidade de ter este tipo de dispositivo, pero para os
melómanos Denon quere ofrecer un reprodutor actualizado que poderÃa ser unha
interesante solución para escoitar música, a minicadea
Denon S-52, que conta cun lector de CD capaz de ler MP3, unha base
Dock para poder escoitar amplificadas as cancións almacenadas nun iPod (ou para
recargar a súa baterÃa), conta con radio FM/AM e mesmo con Wi-Fi para empregar
a rede doméstica para conectarse á Internet para sintonizar emisoras en liña ou
para acceder a temas almacenados nun ordenador.
Tamén conta cun porto USB ao que podemos conectar unidades de disco para
reproducir os seus contidos. O Denon S-52 conta con 2 altofalantes (coa
posibilidade de engadirlle un subwoofer
externo) e mando a distancia, tamén poden conectarse á nosa rede doméstica por
Ethernet e conta con espertador. Mide 380 x 126 x 220 milÃmetros, pesa 6
quilogramos e o
seu principal defecto serÃa o prezo, 650 euros, moi superior ao que
un usuario gasta normalmente nun dispositivo deste tipo.