Miniproxector con lector de tarxetas SD

xoves, 10 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os miniproxectores comezan a ser un produto habitual hoxe en día grazas á popularidade do seu prezo, que os fai axeitados para o seu uso por cativos.

O proxector conta con entradas RCA

Entre estes dispositivos podemos destacar un novo proxector que incorpora un lector de tarxetas SD, de xeito que permite visualizar vídeos e imaxes almacenados en tarxetas de memoria ou mesmo escoitar música en MP3 sen utilizar un ordenador no proceso. Mide 16,5 x 10,5 centímetros, funciona con 4 pilas AA e é capaz de proxectar unha imaxe de 1,015 x 0,85 metros.
Ademais, o proxector tamén pode operar con imaxes e son alimentados a través de cables RCA. O seu prezo de venda é de 125,14 euros.

PUBLICIDADE