Mirabook: un accesorio que converte smartphones en ordenadores portátiles
mércores, 13 de decembro do 2017
Nos últimos anos non foron poucas as propostas que buscaban
usar o smartphone a xeito de ordenador persoal, e asà tanto o Continuum de
Windows Phone como a base de Samsung DeX facilitaban algo posible grazas á
elevada potencia que teñen os teléfonos actuais, o que inspirou a Miraxess a
deseñar o Mirabook,
un accesorio que busca ofrecer unha experiencia de escritorio convertendo o
noso smartphone nun ordenador portátil con pantalla Full HD de 13,3 polgadas,
teclado completo e trackpad.
O Mirabook incluso conta con USB-C para carga rápida, saÃda HDMI, toma de
auriculares, 2 portos USB 3.0 e lector de tarxetas microSD, de xeito que quen teña
un teléfono compatible poderá facerse con este accesorio para gozar dun
ordenador portátil pequeno, lixeiro e coa vantaxe de ter toda a información que
levamos no smartphone sen ter que sincronizar datos, xa que é o propio teléfono
o que fai de ordenador. Este corpo de ordenador portátil ten un corpo de
aluminio negro, pesa 1,2 quilogramos e a súa baterÃa achégalle unha autonomÃa
de até 10 horas.
AÃnda que o Mirabook deseñouse pensando principalmente en smartphones con
Windows, tirando proveito do modo Continuum, tamén é compatible con smartphones
con Android con Slimport como serÃa os Samsung Galaxy S8 e Note8, os LG G5, V34
e V20, o Huawei Mate 10, os HTC U Ultra e 10 e o Asus ZenFone 3 Ultra (e outros
teléfonos máis modernos), e incluso poderÃa funcionar con Raspberry Pi (integrándolle
un porto USB-C con DisplayPort) e ordenadores en formato de stick (aproveitando que son compatibles
con DisplayPort).
O produto pode reservarse a
través de Indiegogo e os envÃos, aÃnda que estaban previstos para este mesmo
mes, finalmente iniciaranse en maio de 2018 (aÃnda que un número limitado de
mecenas recibirán unidades de proba nos vindeiros dÃas). O prezo do Mirabook é
de 249 dólares, o que non resulta precisamente económico, especialmente se temos
en conta que por ese prezo hai ordenadores portátiles que non precisan dun
smartphone para funcionar.
VÃdeo promocional do Mirabook