Móbil dual con forma de reloxo

mércores, 12 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os reloxos de pulso que serven coma teléfonos móbiles non gozan de moita popularidade, pero resultan unha curiosidade que en boa medida resultan útiles grazas á tecnoloxía Bluetooth e coma exemplo temos un novo dispositivo que conta cunha pantalla de 1,3 polgadas, unah cámara de 1,3 Mpíxeles, capacidade de reprodución multimedia e funciona en redes GSM 900/1.800 MHz.
Se vende por 155,30 dólares (100,04 euros) en cor branca ou negra, xunto cuns auriculares Bluetooth (é compatible co Bluetooth A2DP), 2 baterías, 1 pluma e 1 tarxeta de memoria microSD.
O curioso reloxo mide 64 x 45 x 18 milímetros e pesa 56 gramos.

PUBLICIDADE