Mochila para o portátil cunha funda para o iPad

martes, 14 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Co lanzamento do iPad moitos fabricantes de accesorios coma maletíns e fundas puideron aproveitar os seus deseños para ultraportátiles de baixo custo para o novo dispositivo de moda, que en moitos casos encaixaba á perfección, pero algunhas compañías optaron por certa innovación e así agora temos a mochila Brooklyn, que permite transportar un ordenador portátil de 15 polgadas (coma un MacBook Pro) e outras cousas que necesitemos, destacando por contar cun peto exterior que pode acoller un iPad no seu interior e que pode separarse do resto da mochila para converterse nunha funda de transporte.
A mochila tamén conta con numerosos petos para gardar cables, móbiles, documentos… e incluso unha botella de auga, quedando clara a súa versatilidade. O seu prezo de venda é de 99,99 dólares (74,79 euros).

A mochila inclúe unha funda para o iPad

PUBLICIDADE