Modern Warfare 3 chegará cunha edición especial da Xbox 360

luns, 5 de setembro do 2011 Marcus Fernández

No mes de novembro os seareiros da saga Call of Duty que queiran facerse cunha consola de videoxogos de Microsoft poderán facerse cun impresionante paquete en edición limitada da Xbox 360 con disco duro de 320 Gb xunto co xogo Call of Duty: Modern Warfare 3 con 2 manos sen fíos, destacando os compoñentes de hardwrae por estar decorados con motivos do xogo, e a consola incluso reproducirá son inconfundibles do xogo ao abrir e pechar a súa bandexa para DVD.
O prezo desta edición especial será de 319,99 euros, e chegará ás tendas o 8 de novembro, pero non será un produto que chegue so, senón que paralelamente tamén se venderá un auricular Bluetooth edición limitada Call of Duty: Modern Warfare 3 que permitirá falar cos amigos mentres xogamos en liña (sendo compatible con outros dispositivos Bluetooth como teléfonos móbiles) que presentará unha aparencia a xogo coa edición limitada da Xbox 360 e incluirá unha base de carga, todo por un prezo de 59,99 euros; e tamén poderase adquirir un mando sen fíos edición limitada do mencionando xogo por 49,99 euros, que destaca por contar cunha cruceta que pode transformarse en disco para adaptarse a distintos modos de xogo.

Por 59,99 euros poderá mercarse un auricular Bluetooth de Modern Warfare 3

PUBLICIDADE