Modernizan o visor View-Master fusionándoo co Google Cardboard
venres, 13 de febreiro do 2015
Dende hai uns 75 anos os visores View-Master permiten
contemplar vistas de xeito estereoscópico grazas a presentar dúas imaxes
tomadas dende dous puntos de vista lixeiramente separados do mesmo punto de
xeito que se presenta unha imaxe distinta a cada ollo do usuario creando a
sensación de profundidade (truco empregado tamén no efecto 3D cinematográfico
actual) e agora Mattel quere modernizar este concepto cunha nova versión do popular visor que
funcionará co cartón de Google (ou Google
Cardboard), de xeito que valéndose dun smartphone serve para ver imaxes en
360 graos.
O novo View-Master permite asà que os usuarios poidan viaxar por distintos
lugares do mundo a través de imaxes en 360 graos, funcionando esta solución
emparellando o trebello de Mattel cunha aplicación para Android, ou sexa, que
teriamos un accesorio moi semellante ao VR for G3 que
esta mesma semana anunciou LG para o seu G3, pero asociando á experiencia
contidos que se desbloquearÃan mediante discos View-Master, que tamén
incluirÃan imaxes View-Master tradicionais para explotar o carácter retro deste produto que pretende
venderse a un prezo de 29,99 dólares (mentres que cada lote de discos con
experiencias temáticas venderÃanse a 14,99 dólares).
VÃdeo no que amosan como serÃan as experiencias do novo View-Master