Modu, o móbil modular

xoves, 14 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Modu é un novo móbil moi básico que só permite facer chamadas dende a súa axenda e remitir mensaxes SMS dende un curioso teclado, que conta con 1 Gb de memoria internet e reprodutor de MP3, destacando por ser modular, ampliable mediante unhas fundas chamadas jackets (que permite engadir teclas dedicadas ou altofalantes de maior calidade, imitar o deseño dun teclado deslizante QWERTY ou darlle unha aparencia diferenciada) e mates (accesorios que dotarían ó dispositivo de funcións extra ó conectar o móbil a unha base).
Os móbiles Modu tamén se poderán comunicar con marcos dixitais, reprodutores multimedia, navegadores GPS e outros dispositivos. Comezará a venderse a uns 200 euros a finais de ano (custando os jackets entre 20 e 60 euros) aínda que xa se puideron ver estes días no Mobile World Congress en Barcelona.

PUBLICIDADE