Monster Hunter Tri chegará á 3DS cunha sorpresa
mércores, 7 de setembro do 2011
A revista nipona
Famitsu recolle nas súas páxinas que a saga
Monster Hunter vai chegar tamén á
Nintendo 3DS co xogo Monster Hunter Tri G,
polo que enténdese que será unha versión actualizada do Monster Hunter 3 Tri de Wii que polo que se comenta, incluirÃa
un novo sistema de control para combates acuáticos, multixogador local e
novos monstros, publicándose a finais de ano no Xapón xunto cun dispositivo
chamado Expansion Slide Pad, que
engadirÃa un segundo stick analóxico
á portátil de Nintendo (o que reforza os rumores de que o ano que vén poderÃa
saÃr un redeseño da 3DS con tan caracterÃstica).
O vindeiro martes será a conferencia de Nintendo previa ao Tokyo Game Show
deste ano, polo que é de agardar que nese momento dean detalles sobre estas
informacións, á vez que anunciarán os xogos que poderemos ver para a Nintendo 3DS
nos vindeiros meses nos que parece que a portátil de Nintendo vai conseguir
consolidarse.
- Un accesorio que aparece na revista Famitsu permitirÃa engadir un segundo stick analóxico á 3DS
- O Monster Hunter Tri G mellorarÃa os combates acuáticos fronte á versión de Wii do xogo