Monument Valley chega a Windows Phone 8.1

xoves, 30 de abril do 2015 Marcus Fernández

Os deseños de arquitecturas imposibles de M.C. Escher son todo un clásico que nos últimos meses volveu á actualidade grazas ao xogo Monument Valley, que vén de estrear versión para Windows Phone 8.1, permitindo que os usuarios con móbiles baseados no sistema operativo de Microsoft poidan gozar deste fermoso título no que hai que guiar a unha princesa silenciosa por un mundo no que para chegar dun lugar a outro hai que descubrir sendeiros ocultos, revelar ilusións ópticas e burlar aos enigmáticos Homes Corvo.
Este xogo está dividido en mundos únicos chamados monumentos, que presenta un deseño tridimensional minimalista no que se xoga con ilusións ópticas para crear arquitecturas imposibles que iremos debullando segundo avanzamos. O control é moi sinxelo, facilitando que calquera con paciencia e imaxinación poida completar cada nivel mentres se goza do seu tamén coidado apartado sonoro.


Trailer de lanzamento de Monument Valley

PUBLICIDADE