Mortadelo y Filemón: Operación Moscú chegará a Steam o mes que vén
mércores, 14 de agosto do 2019
A xente de Alcachofa Soft publicou entre 1998 e 2003 unha
serie de xogos de Mortadelo e Filemón, das que este mesmo ano Erbe Software
publicou en Steam El Sulfato Atómico, La banda de Corvino e Una
Aventura de Cine, é aos que sumarase o vindeiro 6 de setembro Mortadelo
y Filemón: Operación Moscú, que editara Zeta Games en 2001.
Esta serie de xogos foi todo un éxito (El Sulfato Atómico ingresou 50 veces o investido no seu desenvolvemento,
demostrando a forza da franquÃa de Francisco Ibáñez) e agora recupérase en
formato descargable, de xeito que os amantes dos point & click teñen
máis doado facerse cuns tÃtulos que en soporte fÃsico carecerÃan de sentido a
dÃa de hoxe.
Mortadelo y Filemón: Operación Moscú insta ao xogador a guiar a
Mortadelo e Filemón nunha misión para infiltrarse no Museo Nacional de Moscú
para conseguir o Libro Sagrado de Ra-Amón antes de que caia en mans dunha seita
que quere empregalo para fins malvados. Como curiosidade, o xogo tamén conta
cun modo multi-xogador local, no que cada usuario pode manexar a cada un dos
protagonistas.
- O xogo é unha clásica aventura point & click
VÃdeo promocional do xogo