MotorStorm: Artic Edge levará os gráficos da PSP ao máximo

xoves, 30 de abril do 2009 Marcus Fernández

Ao ser unha consola portátil, a xente non esixe moito aos xogos de PSP a nivel gráfico, pero o certo é que pode estar á altura de moitos xogos de PS2, coma demostrou no seu momento God of War: Chains of Olympus, para o que precisan moito traballo e coidado, coma o que están a dedicar a MotorStorm: Artic Edge, que promete ser un dos grandes lanzamentos do ano, e do que veñen de publicar unha serie de capturas de pantalla para dar a entender que o seu nivel técnico será notable, cun nivel de detalle que hai uns meses podería parecer imposible.
Aínda que os gráficos non sexan o elemento que máis preocupe aos afeccionados á saga de MotorStorm, será un elemento de peso para que decidan a súa adquisición, pois aínda que non sexa comparable ao MotorStorm 2, parece levar ao máximo a potencial da portátil de Sony.

PUBLICIDADE