Motorola presenta 3 novos móbiles da familia RAZR
mércores, 5 de setembro do 2012
Motorola
decidiu hoxe relanzar a súa familia de móbiles RAZR, actualizándoa para poder
facer fronte á competencia en case todos os ámbitos, o que se traduce en 3
novos terminais no seu catálogo: os RAZR M, RAZR HD e RAZR HD MAXX. Co RAZR
M Motorola quere chegar a un público amplo, o RAZR HD busca ser o terminal
insignia da compañÃa (rivalizando directamente co Samsung Galaxy S III) e co
RAZR MAXX HD pretende atender a demanda de móbiles intelixentes con boa autonomÃa. Un dos detalles que teñen en común
estes móbiles é o xeneroso tamaño das súas pantallas, deixando moi pouca marxe
lateral, o que permite darlle unha aparencia máis compacta que outros móbiles
con pantallas semellantes.
- O Motorola RAZR MAXX HD conta cunha baterÃa de 3.300 mAh para o que engorda menos dun milÃmetro e 11 gramos
O pequeno da familia, pese a non ser precisamente cativo, serÃa o Motorola
RAZR M, que con Android 4.0.4, unha pantalla Super AMOLED de 4,3 polgadas
cunha resolución de 540 x 960 pÃxeles, un grosor de só 8,3 milÃmetros e un peso
de 126 gramos é capaz de albergar no seu interior un procesador de dobre núcleo
a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD, cámaras de 8 e 0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooh 4.0, GPS, NFC
e incluso unha baterÃa de 2.000 mAh, polo que poderÃa considerarse un magnÃfico
terminal que pouco terÃa que envexar aos de alta gama doutros fabricantes.
Pero Morotola quixo levar os seus móbiles un chanzo máis arriba co Motorola
RAZR HD, que aÃnda que inicialmente veña con Android 4.0.4 promete
actualizarse a 4.1 nos vindeiros meses (como o resto dos móbiles presentados
hoxe) e funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, pantalla Super
AMOLED de 4,7 polgadas (cunha resolución de 720 x 1.280 pÃxeles), 1 Gb de RAM,
16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámaras
de 8 e 1,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, NFC, HDMI, DLNA e unha
impresionante baterÃa de 2.530 mAh (o que deberÃa de permitir traballar todo o
dÃa tras unha carga completa), que pese a ser tan completo consegue manter un
grosor de só 8,4 milÃmetros e un peso de 146 gramos, que de comparalo co
Samsung Galaxy S III empatarÃan en case todos os apartados agás en pantallas
(ten 0,1 polgadas menos), memoria RAM (ten só 1 Gb fronte aos 2 Gb do terminal
de Samsung) e capacidade da súa baterÃa (supera ao Galaxy S III en 400 mAh).
Este último móbil ten unha variante, o Motorola
RAZR MAXX HD, que diferénciase na incorporación dunha impresionante baterÃa
de 3.300 mAh, o que fai que incremente o seu grosor a 9,3 milÃmetros e o seu
peso a 157 gramos, o que parece un pequeno prezo a pagar para poder gozar dunha
autonomÃa un 30% mellor, distanciándose considerablemente do resto de terminais
do mercado, que en contadas ocasións chegan aos 2.000 mAh.