Movistar comercializa en España o Acer Liquid

luns, 10 de maio do 2010 Marcus Fernández

Nun momento no que Android está a gozar de grande popularidade coma sistema operativo para terminais móbiles, e entendendo que non todos os usuarios queren optar polos móbiles tope de gama, Movistar incorpora ao seu catálogo o Acer Liquid, un móbil con pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon a 768 MHz, 256 Mb de RAM, 512 Mb de ROM, cámara de 5 Mpíxeles, sistema operativo Android 1.6 (en espera de actualización), Bluetooth, Wi-Fi, GPS, lector de tarxetas microSD e un peso de 135 gramos.
O Acer Liquid poderase adquirir en prezos que van dende os 69 euros para altas (29 euros con portabilidade) cunha tarifa de voz de 9 euros/mes e outra de datos a 15 euros/mes, ata de balde cunha portabilidade a unha tarifa de voz de 20 euros/mes con outra de datos de 15 euros/mes.

PUBLICIDADE