Movistar renova o seu repetidor Wi-Fi

luns, 5 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Para ter unha boa cobertura de Internet sen fíos no fogar é habitual ter que empregar repetidores Wi-Fi, e para satisfacer a demanda deste tipo de produtos Movistar vén de incorporar ao seu catálogo un dispositivo que venden como Amplificador Smart WiFi, que como novidade fronte a produtos anteriores vendidos pola operadora de telecomunicacións inclúe conectividade na banda dos 5 GHz (cando os anteriores repetidores só soportaban conexións na banda dos 2,4 GHz) facilitando así o uso de frecuencias menos saturadas con dispositivos compatibles.
O novo repetidor Wi-Fi de Movistar permite mellorar a cobertura da rede Wi-Fi do fogar sen ter que empregar cables, podendo aproveitarse tamén para dotar de conectividade na banda dos 5 GHz a routers que funcionen só na banda dos 2,4 GHz. O seu prezo de venda é de 50 euros, aos que hai que engadir 7,30 euros de gastos de envío. O produto é autoinstalable (aínda que de precisar dun técnico para a súa instalación haberá que pagar 50 euros en concepto de man de obra).

PUBLICIDADE