My Cloud: a nova xeración de discos conectados de Western Digital
mércores, 2 de outubro do 2013
Western Digital anunciou hoxe a súa nova solución de
almacenamento para a vida conectada, o sistema de
almacenamento en liña My Cloud, pensado para o ámbito doméstico, e que
permite aos seus usuarios organizar, centralizar e manter seguros os contidos
dixitais dende os seus ordenadores e dispositivos móbiles, facilitando tamén o
acceso a tal información dende a Internet.
O WD My Cloud consiste en discos duros de 2, 3 ou 4 Tb con conectividade
Gigabit Ethernet (para conectalos á máxima velocidade ao noso router) e USB 3.0
(para facilitar transferencias masivas moi rápidas tanto de ficheiros do noso
ordenador como para, por exemplo verter os contidos dunha cámara dixital, ou
incluso para ampliar a capacidade de almacenamento desta solución) dos que polo
momento coñécense
os prezos dos seus modelos de 2 e 3 Tb (149,99 e 179,99 dólares respectivamente).
Este disco en liña pode empregarse dende varios equipos á vez, contando con aplicacións
para Windows, OS X, Android
e iOS que
facilitan a súa utilización (permitindo o intercambio de ficheiros con servizos
en liña como Dropbox, SkyDrive e Google Drive), de xeito que podemos velo tanto
como un xeito de centralizar os contidos multimedia da familia asà como unha
solución de nube persoal; pode empregarse para realizar copias de seguridade
automáticas dos nosos ordenadores e incluso pode configurarse para que faga
unha copia dos contidos dentro da rede doméstica (para unha maior seguridade). É
posible ver esta solución como unha alternativa a servizos de almacenamento en
liña, pois ofrecerÃa unha prestacións semellantes, pero sen precisar dun
pagamento mensual.