Navegador GPS para bicicletas

martes, 3 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Se queremos botarnos ao monte coa bicicleta sen medo a perdernos podemos adquirir o novo navegador GPS Go!Hiking, que conta cunha pantalla de 1,5 polgadas preparada para a súa visualización en condicións de luz directa, unha carcasas resistente e impermeable (con perfil IPX-6), batería de 1.000 mAh, axustable ao guiador da bicicleta e que permite levar mapas de Google ou de satélite para guiarnos. Permite ata 256 rexistros de puntos de interese, almacenando os seus datos en formato GPX, de xeito que logo podemos exportar as nosas rutas a distintas aplicacións para facer un seguimento das mesmas. O seu prezo de venda é de 60 euros.

PUBLICIDADE