Need For Speed: Most Wanted xa está dispoñible para dispositivos móbiles
martes, 30 de outubro do 2012
Os amantes dos xogos de condución poden levar dende hoxe un
dos mellores tÃtulos do xénero no seu peto, pois Need For Speed: Most Wanted, adiantándose ao seu lanzamento en
consolas doméstica, estreouse en plataformas móbiles, podendo adquirirse
por 6,48 euros en Google Play e por
5,99 euros como aplicación universal na App Store.
Este xogo permite pórse ao volante dun SRT Viper GTS, un Porsche 911 Carrera S,
un Hummer H1 Alpha e moitos outros vehÃculos, podendo optar por un control
táctil ou mediante inclinación, adaptándose asà aos gustos do usuario; todo
cuns gráficos impresionantes que destacan especialmente nos últimos terminais
con iOS ou Android.
O vindeiro 1 de novembro Need For Speed:
Most Wanted tamén estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3, PC e PS
Vita.
Trailer da versión para Android do xogo