Ngram podería converterse no cliente oficial de Telegram para Windows Phone

venres, 23 de maio do 2014 Marcus Fernández

Os usuarios de Windows Phone levan tempo agardando por un cliente oficial da plataforma de mensaxería instantánea Telegram, que ao parecer estaba a agardar a que madurasen algunhas aplicacións non oficiais para adoptar a que estivese máis madura como oficial, e aínda que Migram iniciara esta carreira con moi bo pé, que levase preto de 2 meses sen actualizar (quedando obsoleta) daba a entender que había outro gañador na contende, e finalmente parece que este será Ngram, cliente de Telegram que neste momento ten como editor na súa descrición a Telegram Messenger LLP e que está a ser recomendado dende a conta oficial de Telegram en Twitter (sen que se anunciara nada oficialmente).
De feito, a descrición da aplicación Ngram Beta xa define a esta ferramenta como Telegram Messenger, dando a entender que pasará a converterse no cliente oficial nos vindeiros días, pese a que aínda parece sufrir certas carencias que dificultan que esta ferramenta poida converterse nunha alternativa solvente ao WhatsApp.

PUBLICIDADE