NieR: Automata chega a Xbox Game Pass esta semana
luns, 30 de marzo do 2020
En
2017 causou furor en PS4 e PC o xogo NieR: Automata, que en
2018 chegarÃa a Xbox One nunha edición que incluÃa todos os contidos adicionais
que foron incorporándose ao xogo, e que esta mesma semana incorporarase ao
catálogo de xogos de Xbox Game Pass, de xeito que moitos xogadores poderán
darlle unha oportunidade a este tÃtulo que vén de superar os
4,5 millóns de copias servidas mundialmente.
Pero a incorporación de NieR: Automata ao Game Pass o vindeiro xoves non
parece casual, xa que esta xogada poderÃa pretender captar a atención cara a
esta franquÃa de cara ao lanzamento futuro de NieR Replicant
ver.1.22474487139, unha versión actualizada da
primeira entrega desta saga de rol de acción cunha identidade
tan especial.
O primeiro NieR lanzouse orixinalmente para PS3 e Xbox 360 en 2010 por
parte de Square Enix, pero pasou desapercibido fóra do Xapón, polo que o seu décimo
aniversario pode ser unha magnÃfica ocasión para recuperalo, adaptándoo ás
máquinas actuais. Tampouco serÃa de sorprender que a revisión da primeira entrega
da saga sexa simplemente un xeito de facer tempo de cara ao lanzamento dunha
nova historia, xa en consolas da vindeira xeración.
VÃdeo no que dan a coñecer que están a traballar no xogo NieR Replicant ver.1.22474487139