Nikon presenta unha cámara de 45,7 MpÃxeles e gravación de vÃdeo 8K
xoves, 28 de outubro do 2021
Nikon presenta hoxe a súa cámara insignia máis avanzada, a
Z 9, que supón un grande paso adiante na fotografÃa profesional grazas ao novo
sensor CMOS de 45,7 MpÃxeles que fai que esta cámara sen espello de formato
completo poida destacar nun sector moi competitivo, para o que tamén conta cun
procesador EXPEED 7 ultrarrápido, sistemas de enfoque automático e seguimento
3D moi sofisticados e unhas impresionantes capacidades de gravación de vÃdeo.
Esta cámara busca satisfacer a fotógrafos profesionais moi diversos xa que
destaca en numerosos apartados. Presume dun sistema de enfoque automático de
493 puntos, da posibilidade de capturar até 1.000 imaxes en formato RAW a unha
razón de 20 imaxes por segundo (podendo capturar até 120 imaxes por segundo de
11 MpÃxeles en formato JPEG), da gravación de vÃdeo en 8K a 60p e 4K a 120p (coa
promesa dunha actualización que habilitará a gravación RAW 8K a 60p), dun visor
electrónico luminoso (3.000 nits) e dunha grande ergonomÃa que gaña flexibilidade
cunha pantalla abatible vertical e horizontal de 4 eixes.
A Nikon Z 9 ten un corpo un 20% máis pequeno que a D6, a súa aliaxe de magnesio
dótaa dun equilibrio entre forza e lixeireza, e pode disparar cun rango de ISO
nativo de 64 a 25.600 (ampliable a 32-102.400). Está previsto que chegue ao
mercado en decembro a un prezo de preto dos 6.000 euros.
VÃdeo promocional da Nikon Z 9