Ninja Gaiden 3 estrea o seu trailer de lanzamento
martes, 13 de marzo do 2012
O
vindeiro dÃa 23 porase á venda en toda Europa o xogo Ninja
Gaiden 3, proxecto dos estudos Team Ninja que nesta ocasión carecen da
participación do creador da saga, Tomonobu Itagaki, polo que esta entrega vai
ser analizada con lupa polos seareiros das aventuras de Ryu Hayabusa, guerreiro
ninja que vivirá unha nova historia, terá un novo estilo e modos de xogo,
buscando facer que o usuario viva a sensación de asasinar a alguén durante o xogo.
Ninja Gaiden 3 contará con
capacidades multi-xogador, tanto en modalidade cooperativa como competitiva, o
que engade unha experiencia totalmente nova a esta saga. Para facernos unha
idea do que suporá este tÃtulo podemos ver o trailer de lanzamento do xogo
estreado hoxe mesmo:
- A violencia propia da saga estará presente en Ninja Gaiden 3
- O xogo contará cunha trama completamente nova