Nintendo, Sony e Xbox non participarán directamente no E3
martes, 31 de xaneiro do 2023
A feira
de videoxogos de referencia mundial foi durante moitos anos o E3 de Las Vegas,
pero as restricións sanitarias por mor da COVID-19 provocou que non puidese celebrarse
presencialmente, estando previsto o seu retorno ao formato tradicional no mes
de xuño, pero este retorno poderÃa ser bastante decepcionante, xa que o sector
adaptouse a novos formatos de comunicación, de xeito que o E3 2023 serÃa moito
menos relevante que a edición de 2019.
Dende IGN aseguran que Microsoft
(Xbox), Sony e Nintendo non estarán presentes no Centro de Convencións de Los
Angeles, ou sexa, que as principais compañÃas do sector dos videoxogos
tradicionais, pese a que poidan reservar presentacións para esas datas, non
terán un espazo de seu no E3, restando peso á cita do vindeiro verán.
Se ben era habitual que Nintendo non realizase grandes presentacións no E3 (xa
que adoptou, con moito éxito, os Nintendo Direct como xeito de comunicar as
súas novidades), aÃnda que si mantiña un expositor no evento (que aseguran que
non manterá); nos últimos anos Sony tampouco tiña unha presenza importante (xa
que carecÃa de grandes anuncios que realizar por estar nun perÃodo de
transición entre xeracións de consolas); pero Xbox si que apostaba bastante forte pola feira E3, e o feito de que
non vaian contar cun espazo fÃsico no centro de convencións parece confirmar
que os eventos presenciais xa non xogan o rol que tiñan no pasado.
Non podemos esquecer que Sony e Nintendo son compañÃas nipoas, polo que o seu
serÃa apostar polo Tokyo Game Show, mentres que Xbox aposta polo E3 (EE.UU.) e
a Game Convention (Europa), de aà que a ausencia de Microsoft no E3 terÃa un
impacto moi importante, especialmente se temos en conta que a compañÃa ten
prevista unha grande presentación no verán na que darÃan conta de bastante
novidades, ou sexa, que acompañarÃan ao E3 sen participar directamente.