Nokia X5: otro terminal con formato cadrado

luns, 14 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Durante o evento Nokia Connection de Singapur anunciáronse os terminais Nokia X5-01 e unha nova versión do Nokia X6 con 8 Gb de almacenamento. O Nokia X5 sería un modelo intermedio entre o X3 e o X6, que funciona co sistema operativo Symbian S60 terceira edición, con teclado QWERTY e un formato cadrado que lémbranos ao KIN ONE ou ao Motorola FLIPOUT. Ten unha pantalla de 2,36 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, 128 Mb de RAM e 200 Mb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD (de ata 32 Gb, incluíndo unha de 2 Gb), radio FM, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, conector para auriculares estándar, unhas dimensións de 74,3 x 66,4 x 16,8 milímetros e un peso de 129 gramos, que venderase no terceiro trimestre do ano a 165 euros.
Este móbil está orientado en grande medida para o consumo de música, de aí que conte con acceso á Ovi Music Store e o servizo Come With Music (nalgúns mercados), así como coa prestación Budding DJ, que fai uso dun acelerómetro para facer saltar as cancións de xeito aleatorio se xiramos o terminal. Ao axitar o terminal tamén aparecerán en pantalla as últimas mensaxes de texto non lidas.
A súa batería permítelle aguantar 16 días en espera e reproducir música durante 24 horas seguidas.


Vídeo de presentación das características do Nokia X5

PUBLICIDADE