Nokia estrea móbil Touch and Type

martes, 17 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Aínda que non está no seu mellor momento, o fabricante de móbiles finlandés continúa a mellorar o seu catálogo de terminais, e presenta o novo Nokia X3, que combina un deseño extraplano (9,6 milímetros de grosor) cunha pantalla táctil e un teclado tradicional de 12 botóns, converténdose no primeiro móbil Touch and Type da compañía e que sairá durante o terceiro trimestre do ano a un prezo de venda libre duns 125 euros.
O Nokia X3 busca combinar pantalla táctil e teclado nun dispositivo cun prezo axustado, de xeito que para chamar por teléfono e remitir mensaxes de texto podemos aproveitar a axilidade que permiten os botóns, mentres que para controlar a música e os xogos podemos facer uso das súas funcións táctiles.
Non lle faltan conectividade 3G e HSPA, Wi-Fi, reprodución multimedia con radio FM, cámara de 5 Mpíxeles e unha tarxeta de memoria microSD de 2 Gb, así coma o acceso aos servizos Ovi de Nokia.


Vídeo de presentación do Nokia X3

PUBLICIDADE