Nova báscula conectada con medidor de grasa corporal

mércores, 20 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Withings, coñecido fabricante de dispositivos conectados pensados principalmente no desenvolvemento da eHealth, tiña no mercado unha popular báscula con conectividade Wi-Fi, o que facilita a posibilidade de consultar a evolución do noso tempo corporal dende iOS e Android, e agora lévaa un paso máis alá cun novo modelo, a Smart Body Analyzer WS-50, que por 149,95 euros ofrece unha báscula multifunción que facilita o control do peso e da composición corporal (analizada mediante impedancia bioeléctica) para comprender como funciona o noso corpo (como axuda para levar un estilo de vida saudable), mide a frecuencia cardíaca, fai de adestrador de peto (a través das súas aplicacións para iPhone e Android) e incluso mide a calidade do aire (o que serve para que coñezamos cando debemos ventilar a habitación na que teñamos a báscula).
A nova báscula de 32,5 x 32,5 x 3 centímetros e 2,1 quilos de peso, ten conectividade Wi-Fi N e Bluetooth, funciona con 4 pilas AAA e pretende ser un complemento ideal tanto para deportistas como para usuarios que queiran vixiar a súa saúde.

PUBLICIDADE