Nova base de carga musical de Samsung

luns, 31 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A base carga practicamente calquera móbil con micro USB

Tras a aparición de rumores que apuntaban a que no CES de Las Vegas Samsung ía presentar unha base de carga para dispositivos móbiles que funcionaría tamén como altofalante coñecida como Samsung ESP-30B, dende Amazon Alemaña veñen de estragar a sorpresa confirmando o novo accesorio, que tería un prezo de 129,90 euros e detallando os dispositivos cos que será compatible.
O Samsung ESP-30B non se limitará a funcionar con practicamente calquera móbil da familia GALAXY, senón que incluso funcionará co novo Samsung ATIV S (que funciona con Windows Phone 8), pero tamén é capaz de cargar e reproducir música de moitos outros móbiles da compañía que nin sequera sexan smartphones avanzados. Ao parecer conta con conectividade de liña auxiliar, Bluetooth e micro USB, de aí a súa versatilidade.

PUBLICIDADE