Nova cámara de formato reducido e obxectivos intercambiables de Panasonic
xoves, 4 de novembro do 2010
O catálogo de cámaras micro
catro terzos de Panasonic refórzase coa chegada da nova LUMIX
DMC-GF2, unha nova cámara con sensor Live MOS de 12,1 MpÃxeles, Flash
integrado no seu corpo, pantalla táctil de 3 polgadas, un lixeiro corpo de
aluminio, un tamaño un 19% inferior ao da súa predecesora (a GF1), a
posibilidade de gravar vÃdeo a 1.920 x 1.080 a 60/50 fotogramas por segundo en
entrelazado cunha compresión AVCHD de 17 Mbps (en vez do vÃdeo a 720p co que
contaba a GF1), unha sensibilidade de entre 100 e 6.400 ISO, tecnoloxÃa Live
View con 23 puntos de enfoque, ráfaga de 3,2 imaxes por segundo, porto de conexión
para visor electrónico, micrófono estéreo e compatibilidade do obxectivo micro
catro terzos 3D da compañÃa.
O atractivo desta cámara é innegable, aÃnda que por desgraza haberá que agardar
ao primeiro trimestre de 2011 par facerse con ela en 5 cores (branco, rosa,
prata, vermello e negro). Agárdase
que chegue ás tendas en paquetes con obxectivos de 14 mm pancake e 14-42 mm por un prezo que non deberÃa superar os 600
euros.
- Esta nova cámara micro catro terzos acepta multitude de obxectivos intercambiables