Nova cámara dixital híbrida de JVC

venres, 4 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Durante a pasada edición do CES de Las Vegas JVC presentou unha cámara dixital híbrida (fotográfica+vídeo) que chegaba coma concepto e que agora é toda unha realidade, de xeito que xa podemos ver na web detalles da nova JVC GC-PX1, que cun zoom óptico de 10x, e un sensor de retro-iluminado, é capaz de tomar imaxes de 10 Mpíxeles e gravar vídeo en alta definición a 1080p a 60 cadros por segundo cunha compresión de 36 Mbps.
Esta impresionante cámara tamén conta cunha pantalla táctil abatible de 3 polgadas, conta con 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas SD/SDHC/SDXC, a súa batería permítelle tirar ata 320 fotografías cunha única carga e incluso conta con estabilización óptica de imaxe. A súa chegada as tendas está programada para finais de mes, e dende páxinas web coma Impress Watch amosan imaxes na que podemos ver o produto de preto.

A JVC GC-PX1 conta cunha pantalla abatible de 3 polgadas

PUBLICIDADE