Nova capturadora de vídeo en alta definición de Diamond Multimedia

venres, 31 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A gravación de contidos en alta definición dende distintas fontes de vídeo non é unha tarefa moi habitual actualmente, pero os usuarios que desexen, por exemplo, gravar as súas partidas na PlayStation 3 ou na Xbox 360 para publicalas logo na Internet demandan este tipo de prestacións, de aí que Diamond Multimedia poña á venda a capturadora GC1000, que pode conectarse ao PC ou ao Mac por USB de xeito que converte o sinal que se lle introduza por HDMI, S-Video, compoñentes ou vídeo composto a vídeo dixital, facendo pass-through sen retardo destes sinais (ou sexa, que o proceso de captura é transparente para o xogador).
As gravación poden realizarse ata a 1.080i, de xeito que as partidas poden compartirse logo en YouTube con grande calidade, pero non é a única utilidade destes produto, pois tamén pode aproveitarse para conectar reprodutores de VHS e DVD, receptores de televisión, cámaras de vídeo ou practicamente calquera outro sinal audiovisual para a súa captura no ordenador, o que para moitos compensará os 139,99 dólares que custa esta capturadora, que tamén estará dispoñible nunha versión lite (a GC500, que custará a metade, e carece de portos HDMI).

A nova capturadora chega ao mercado coa vista posta nos usuarios de videoxogos

PUBLICIDADE