Nova solución de almacenamento en rede de Intel

xoves, 8 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Intel pretende atender á demanda de almacenamento de datos en redes locais cos seus Entry Storage System SS4200x, que son dispositivos dotados cun procesador Intel Celeron a 1,6 GHz, 512 Mb de RAM e espazo para ata 4 discos duros SATA de 1 Tb cada un, de xeito que se pode conseguir un almacenamento total de 4 Tb accesible mediante unha conexión Gigabit Ethernet sendo compatible tanto para equipos con Windows coma con Mac OS X.
Estes novos sistemas de almacenamento en rede venderanse a partires de decembro a prezos que parte dos 500 dólares.

PUBLICIDADE