Nova versión do visor de VR máis compacto do mundo
venres, 21 de marzo do 2025
Este xoves abrÃronse as reservas do visor de realidade virtual Bigscreen Beyond 2, a segunda xeración do visor deste tipo máis compacto do mundo, que nesta ocasión destacaba por ser máis doado de compartir, contar con pantallas micro-OLED cunha resolución de 2.560 x 2.560 pÃxeles por ollo, ser compatibles co seguimento de SteamVR, ofrecer un campo de visión de 116 graos e mellorar a claridade e o brillo, á vez que reduce os destelos e consegue levar o seu peso até só 107 gramos, buscando asà unha experiencia de uso confortable.
En función destas caracterÃsticas, está claro de que temos diante un produto moi atractivo, que pese a que o seu modelo básico ten un prezo de 1.369 euros (incrementándose en 180 euros se queremos contar con seguimento da mirada), os seus responsables aseguran que nos primeiros 25 minutos de apertura das vendas do novo visor xa superaron as vendas do primeiro dÃa do visor anterior, dobrando tal cantidade ao chegar á primeira hora á venda.
Estamos ante un visor de VR que, pese a ser moito máis compacto que Meta Quest 3 ou Valve Index, ten maior resolución e maior brillo nas súas pantallas micro-OLED. Tamén conta cun sistema de axuste da distancia interpupilar, e dun novo sistema de axuste facial, de xeito que xa non é preciso facer un escaneo 3D da cara do usuario mediante un iPhone para poder fabricar un facial personalizado. É asà un produto que se abre a un maior público, que tamén se ofrece agora en tres cores distintas, e contará tamén con accesorios como distintos faciais e correas con auriculares.
Este visor está pensado para empregarse en combinación con ordenador persoal bastante potente, que poida mover xogos de realidade virtual (que teña, como mÃnimo, unha gráfica equivalente a unha RTX 2070) e, aÃnda que as experiencias de VR serÃan moi atractivas de usar nun dispositivo deste tipo, non faltan os usuarios que queren este tipo de produto simplemente para consumir contidos audiovisuais a través do software de Bigscreen célebre por simular en VR a experiencia de consumir vÃdeo nunha sala de cine, incluso en compañÃa de amigos e familiares. Este tipo de experiencia xa é posible cun visor máis económico (como os de Meta), pero os usuarios máis intensivos poden agradecer poder contar cun visor máis compacto e lixeiro, chegando a pagar o triplo para gozar dunha experiencia máis confortable.
VÃdeo de presentación do visor Bigscreen Beyond 2