Nova videocámara compacta 3D
martes, 22 de xuño do 2010
As 3D comezan a petar duro na
electrónica de consumo, e mentres a Nintendo 3DS non achega a experiencia a un
público masivo, Hammacher Schlemmer incorpora ao seu catálogo «a única cámara de vÃdeo que grava vÃdeo en
tres dimensións e subministra unha experiencia real de visión estereoscópica»
combinando 2 sensores de imaxe de 3 MpÃxeles separados lixeiramente para
simular a visión humana, rexistrando tanto imaxes 3D coma vÃdeos AVI cunha
resolución de 640 x 480 pÃxeles en tarxetas de memoria SD.
Para poder visualizar as imaxes e os vÃdeos en 3D, a videocámara de Hammacher
Schlemmer conta cunha pantalla TFT de 3,25 polgadas que non precisa de
lentes especiais, ao igual que co reprodutor multimedia incluÃdo, que conta
cunha pantalla de 7 polgadas (con altofalantes e conector para auriculares).
O prezo desta cámara é de 599,95 dólares (486,60 euros) e sairá á venda o
vindeiro 2 de xullo.