Nova webcam de alta definición de Philips

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que non se conformen coas limitadas cámaras web que incorporan moitos ordenadores portátiles ou carezan de webcam, poden optar pola nova Philips SPC2050NC, que ofrece unha boa calidade tanto para a realización de videoconferencias como para a toma de fotografías, pois conta cun sensor de 2 Mpíxeles que serviría para capturar imaxes de ata 8 Mpíxeles (mediante interpolación) ou para vídeo ata a 90 fotogramas por segundo.
A cámara mide 6,47 x 3 x 2,66 centímetros e pesa 64 gramos sen o seu soporte, incorpora 2 micrófonos para recoller son estéreo, permite o uso de zoom dixital de 8x (para poder facer un mellor encadre), conta cun sistema de enfoque automático de alta velocidade, a súa lente grande angular de vidro permite mellorar o campo de visión con respecto a outras cámaras semellantes e incluso incorpora as tecnoloxías Pixel Plus 2 e Digital Natural Motion que melloran a nitidez das imaxes cunha calidade poucas veces vista nun produto deste tipo que está á venda por 99 euros.

PUBLICIDADE