Nova webcam de altas prestacións para ordenadores de Apple

martes, 24 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de ordenadores Mac que queiran gozar dunha webcam que vaia máis aló dos 0,3 Mpíxeles poden agora optar polo novo accesorio creado por Logitech, a cámara QuickCam Vision Pro que cunha óptica Carl Zeiss e tecnoloxía de enfoque automática permite unha excelente calidade de imaxe para videoconferencias a través de iChat e Skype.
A webcam Logitech QuickCam Vision Pro inclúe un sensor de 2 Mpíxeles ideal para tomar imaxes en alta resolución, mentres que tamén é capaz de capturar vídeo en calidade VGA a 30 fotogramas por segundo, superando sobradamente a outras solucións de videochamada actuais.
A nova cámara para Mac tamén é capaz de gravar vídeo a unha resolución considerada como alta definición (960 x 720 píxeles) e se venderá tanto en EE.UU. coma en Europa dende comezos de xullo a un prezo estimado de 129,99 dólares.

PUBLICIDADE