Novas tabletas de alta gama de Xiaomi

martes, 18 de abril do 2023 Marcus Fernández

Acompañando á presentación do Xiaomi 13 Ultra o fabricante chinés deu a coñecer tamén novas tabletas, a Xiaomi Pad 6 e a Xiaomi Pad 6 Pro, que teñen en común unha pantalla LCD de 11 polgadas cunha resolución de 2.880 x 1.800 píxeles e unha velocidade de refresco de 144 Hz, Wi-Fi 6 e USB-C.
A Xiaomi Pad 6 polga súa banda funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 870, 6/8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, cámara traseira de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles, batería de 8.840 mAh con carga de 33 watts e un prezo que parte dos 1.899 iuans (252 euros) e pode chegar aos 2.299 iuans (305 euros).
Pola súa banda a Xiaomi Pad 6 Pro ten un procesador Qualcomm Snapdragon+ Gen 1, 8/12 GB, 128/256/512 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 50 Mpíxeles, cámara frontal de 20 Mpíxeles, batería de 8.600 mAh con carga de 67 watts, NFC e compatibilidade con funda teclado e co Xiaomi Pen, e ten un prezo que parte dos 2.499 iuans (331 euros) e pode chegar aos 3.399 iuans (450 euros).
Queda por ver se estes dispositivos chegarán ao mercado español e os seus prezos.

A Xiaomi Pad 6 Pro é compatible con funda-teclado e Xiaomi Pen

PUBLICIDADE