Artigos desta sección
A lei antipiratería francesa volverá a ser votada a finais deste mes
Logo de que a lei antipiratería francesa (que establece o corte da conexión de Internet aos usuarios que compartan contidos protexidos con copyright por redes P2P), fora botada abaixo pola Asamblea Nacional dese país debido á ausencia de deputados durante a votación, vai volver a ser votada no Parlamento o vindeiro 29 de abril. Este proxecto de lei contra a (...)
Ler máisÁbrense novas negociacións entre Microsoft e Yahoo!
Despois dos problemas que tiveron para chegar a un acordo o pasado verán, cando Microsoft chegou a ofrecerlle a Yahoo! máis de 40.000 millóns de dólares polo control da súa compañía, os máximos responsables destes xigantes de Internet veñen de reunirse de novo para debatir unha posible colaboración nos servizos de procuras e publicidade na Rede. Así o vén de (...)
Ler máisFacebook inflúe negativamente nas notas dos e das estudantes
Dende hai un tempo para aquí, non pasa un só día sen que debamos falar de Facebook, unha das redes sociais con máis seareiros no noso país e en todo o mundo, que xa vén de superar a franxa dos 200 millóns de usuarios; cifra que non fai máis que demostrar o éxito vertixinoso que están a ter este tipo de aplicacións en xeral, e o Facebook en particular, entre os (...)
Ler máisUn estudo confirma que Facebook é a principal plataforma de redes sociais en Europa
Un estudo de comScore constata que Facebook consolidou a súa posición de liderado como plataforma para redes sociais en Europa, cun crecemento interanual do 175%, destacando o caso español (o segundo en crecemento, por detrás de Italia), no que sosteñen que finalmente Facebook superou a Tuenti e sumou uns 5,7 millóns de (...)
Ler máisAs medicións de OJDinteractiva confirman a boa saúde dos medios dixitais
OJD fixo públicos os resultados das súas medicións de medios interactivos, que levantaran moita polémica o mes pasado por amosar uns datos claramente distorsionados no caso dos medios de Unedisa (elmundo.es, marca.com e expansion.com), o que finalmente leva ao grupo Vocento a abandonar temporalmente este sistema de medicións que xa abandonara Prisacom hai un (...)
Ler máisRelatorio de Richard M. Stallman en Vigo o vindeiro día 30
O vindeiro 30 de abril ás 16:00 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo un relatorio impartido por Richard M. Stallman, quen falará sobre o movemento do Software Libre (do que é un dos seus principais promotores) e do perigo das patentes (tema do que xa falara no mesmo lugar en 2005). Este evento organizado polo Máster de (...)
Ler máisSkype sairá á Bolsa nos vindeiros meses
A compra de Skype por parte de eBay supuxo un freo para a aplicación de VoIP máis popular da Internet, e para permitir que desenvolva todo o seu potencial (pois non foron quen de aproveitar as sinerxías con eBay e PayPal) dende eBay anunciaron o inicio da operación de segregación de Skype da empresa matriz, que rematará na primeira metade de (...)
Ler máisUn estudo sorprende ao soster que só o 3% da lectura de prensa corresponde á web
Parece haber unanimidade sobre o feito de que o futuro da prensa está na Internet, polo que resulta rechamante que un estudo sosteña que só o 3% da lectura de xornais teña lugar na Internet, considerando que «as métricas da Internet esaxeran substancialmente a importancia da audiencia web dos xornais», aínda que para determinar tal cousa considérase que cada (...)
Ler máisOs soportes electrónicos poderían supor un importante aforro na distribución de galeradas
¿Ten sentido que a industria editorial continúe a remitir galeradas a críticos literarios? Dende GalleyCat fan esta pregunta e botan contas, estimando que remitir a un milleiro de redactores 375 galeradas ao ano sairía por uns 1,5 millóns de dólares, mentres que apostar por subministrarlles un Amazon Kindle dende o que poder consultar os documentos custaría (...)
Ler máisOs veciños de Cerceda poderán acceder á Internet a través de Wi-Fi por 8 euros/mes
En 2007 comezou a operar en probas en Cerceda unha rede Wi-Fi que daba acceso á Internet de balde a uns 175 veciños, pero tras un ano de actividade era preciso explotar comercialmente tal infraestrutura para evitar problemas legais (por competir deslealmente con operadoras de acceso á Rede) e finalmente a ordenanza que regula o acceso á Internet a través da (...)
Ler máis0 | ... | 35920 | 35930 | 35940 | 35950 | 35960 | 35970 | 35980 | 35990 | 36000 | ... | 42150