Artigos desta sección
Os videoxogos apenas acusan a crise en España
A aDeSe publicou as cifras de vendas do sector dos videoxogos en España durante 2008, sorprendendo porque rexistraron unha caída do 1,5%, de xeito que o noso país sería o único de Europa no que caerían as vendas en 2008, o que parecen xustificar pola alta piratería, aínda que o descenso de vendas non afectase só aos xogos, senón tamén ás consolas, que venderon (...)
Ler máisUn estudo galego pon de manifesto o avance da formación en liña sobre a presencial
En materia de aprendizaxe, o preto que se poida estar do mestre ou mestra conta cada vez menos. Isto é así grazas ás novas tecnoloxías da información e para unha chea de materias, cobrando aínda máis forza para aquelas que máis directamente relacionadas están –precisamente- con esas novas tecnoloxías. A cousa ten a súa lóxica: quen traballa co ferro, por moito que (...)
Ler máisUn terzo dos internautas botan man da mesma clave para todas as portas da Rede
Ben sexa por puro desleixo, por exceso de despreocupación ou simplemente porque non damos para máis, pero a verdade é que a historia de Internet non brilla especialmente no que se refire á elección dos contrasinais cos que decote accedemos aos diferentes servizos da Internet. En moitos casos, a cousa é ben sinxela: se o/a internauta convive cun animal, (...)
Ler máisYes.fm leva a súa música ao iPhone
A plataforma musical Yes.fm, que permite escoitar música comercial a través de streaming de balde dentro dun catálogo de máis de 165.000 álbums e 2,3 millóns de cancións, vén de estrear unha aplicación para o iPhone e o iPod Touch que resulta de especial interese por abrir toda esta oferta musical dun xeito rápido e doado e (...)
Ler máisVitaevision, novo servizo para potenciar a busca de emprego
A madrileña Raquel Hernando e o canario Juan Luis Martín, crearon unha nova plataforma en Internet para desenvolver contactos profesionais interactivos, de xeito que facilitaría a localización de candidatos ideais para un emprego valéndose das posibilidades que achega a web. Vitaevision trata de ofrecer «a máis dinámica e interactiva tarxeta de visita» (...)
Ler máisAI denuncia que o ADSL é máis enganoso canto mellores condicións se ofrecen
Nisto do ADSL, como en tantas outras cousas da vida, canto máis che prometen, menos ofrecen finalmente. Ou sexa, que non por tratarse dun eido novo, o de acceso de alta velocidade á Rede, se está a ver ceibo dunha das arelas máis vellas do ser humano dende que pisou o mundo: a arela de aproveitarse un algo dos demais e que non pareza tal senón todo o (...)
Ler máisUn pintor dixital encérrase nun hotel para plasmar as súas vistas diarias
O pasado venres 20 de marzo, o artista arxentino Dan Arenzon pediu aloxamento no Hotel Meliá Sarriá de Barcelona disposto a cumprir un firme obxectivo (un dos máis curiosos xamais contados na nosa web): aguantar seis meses sen sair do edificio pintando unha paisaxe diaria vista dende o mesmo. Arenzon, que escolleu unha das habitacións máis altas do hotel (...)
Ler máisA Tecnópole supera por vez primeira o millón de euros en ingresos
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), a tenor das máis recentes cifras de reconto de actividade, vai a bo ritmo e afiánzase nun panorama, o da crise actual e as súas consecuencias, en ocasións desalentador. O complexo empresarial ourensán, que achega como principais factores do éxito a innovación e o coñecemento (incluído o practicado sobre o alicerce das (...)
Ler máisAGESTIC pon en marcha un proxecto de contratación de 9 técnicos en empresas tecnolóxicas galegas
Por segundo ano consecutivo, o IGAPE, vén de outorgarlle a súa confianza a AGESTIC, en relación ao proxecto de Cualificación Profesional denominado Técnicos en Desenvolvemento de Produtos, que a devandita entidade promove. O proxecto conta cunha subvención de 113.850 euros para a contratación de nove técnicos por parte doutras tantas empresas de Tecnoloxías de (...)
Ler máisO Congreso desestima a proposta de crear un Premio nacional do Blog
A Comisión de Cultura do Congreso, que o pasado 26 de decembro de 2008 recibiu unha Proposición non de Lei, por parte do Partido Popular, para que o Goberno establecera un Premio Nacional do Blog, vén de desestimar a iniciativa do partido argumentando que “antes habería que estudar se esa forma de expresión dixital é un novo xénero cultural”. A Proposición (...)
Ler máis0 | ... | 36090 | 36100 | 36110 | 36120 | 36130 | 36140 | 36150 | 36160 | 36170 | ... | 42150