Artigos desta sección
A banda larga en España non baixou de prezo dende 2006
A web ADSLzone denuncia que as tarifas banda larga de acceso á Internet en España non baixaron de prezo dende 2006, sendo o único segmento de telecomunicacións que non modificou as súas tarifas á baixa, pese a que o bucle de abonado xa baixou 2 veces de prezo no mesmo período e 1 vez o prezo que Telefónica cobra aos seus rivais (...)
Ler máisA iTunes alemá incorpora a venda e aluguer de películas
Apple vén de estrear en Alemaña a tenda de películas de iTunes, comezando cun catálogo dunhas 500 películas (entre norteamericanas e xermanas) das que 100 están dispoñibles en alta definición. Podemos atopar pezas de estudos como a Paramount, a Warner, MGM, a Disney, Sony e produtoras independentes; serían exemplos das mesmas Quantum of Solace, El Caballero (...)
Ler máisEspaña sitúase no sexto posto a nivel mundial en envío de correo malicioso
Pode que España non saliente en número de internautas nin de empresas con espazo na Rede, pero no que se refire a tráfico de lixo en liña, o país é tan crack coma calquera. De feito, segundo un dos estudos máis recentes de Symantec sobre quen achega máis correo malicioso á Internet, España está situado nun máis que meritorio (ou non) sexto posto, o que dispón á (...)
Ler máisO Amazon Kindle 2 xa vendeu 300.000 unidades
O Amazon Kindle é o lector de libros electrónicos máis popular do mundo, e co seu primeiro modelo logrou colocar no mercado norteamericano unhas 400.000 unidades, pero o lanzamento do Kindle 2 parece estar a funcionar aínda mellor, e en apenas 2 meses xa venderon 300.000 dispositivos do novo modelo, e incluso estiman que durante o presente ano poderían (...)
Ler máisYouTube senta os alicerces do seu futuro: unha televisión oficial con contidos das grandes compañías
A competencia no panorama actual da Rede participativa está que arde, feito que entre outras cousas obríganos aos internautas a facer máis esforzos por separar o gran da palla (non é ouro todo o que reloce) e ás empresas a desbaratar ese traballo pola nosa parte. E como fan? Pois en liñas xerais renovándose a si mesmas día si e día tamén, anunciándoo con (...)
Ler máisEmpresas catalás de informática, en contra do canon dixital
A causa contra o canon dixital, tan de actualidade por mor da elección dunha ministra de Cultura (Ángeles González-Sinde) que probablemente o endureza aínda máis, xa ten un novo apoio: o da Associació d’’Empreses d’’Informàtica i Tecnologies de la Comunicació (Aseitec), colectivo de informáticos que reclama con esta medida que as empresas do sector fiquen excluídas (...)
Ler máisPaulo Coelho, a favor de The Pirate Bay e a cultura de compartir en liña
O espírito de compartir libremente (que non necesariamente de balde) facendo uso da Rede semella ter fortes raizames entre os nosos irmáns os brasileiros, onde xa non é a primeira vez (nin seguro que a derradeira) que un personaxe vinculado á cultura e ás artes defende un panorama máis ceibo de restricións para todas aquelas persoas que principalmente por (...)
Ler máisO programa da galega Doa a Doa, xa ten presenza na Rede
Doa a Doa, a serie producida por IBISAtv que emite a TVG para manter viva na pequena pantalla a nosa tradición oral, vén de presentar a súa páxina web no Círculo Internacional de Prensa de Santiago, un espazo que ten como principal obxectivo deixar constancia e presenza do legado dos nosos maiores tamén na Rede. A web inclúe varias seccións nas que os (...)
Ler máisA versión 2.05 de Ágata, a disposición dos artesáns galegos
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellaría de Innovación e Industria, vén de adquirir 300 unidades dunha actualización do programa de xestión Ágata (a versión 2.05 que é compatible co Windows Vista e cos Mac) para repartilos de balde entre os obradoiros artesáns que o soliciten. Esta aplicación, que o devandito organismo público (...)
Ler máisO Concello de Abegondo estrea a ferramenta Urbanismo en Rede
Nunha aposta sen igual do Concello de Abegondo polo impulso da administración electrónica e a aplicación das TIC á tramitación administrativa dos seus lindes con claridade e transparencia, este organismo vén de presentar o desenvolvemento da iniciativa Urbanismo en Rede para o municipio, que este leva a cabo en colaboración coa entidade estatal Red.es. Este (...)
Ler máis0 | ... | 36120 | 36130 | 36140 | 36150 | 36160 | 36170 | 36180 | 36190 | 36200 | ... | 42380