Artigos desta sección
Denuncian homofobia por parte de Amazon
A aparición de produtos nas listaxes dos máis vendidos ou recomendados en tendas virtuais (así como tamén a súa aparición nos resultados de busca) é crucial para o seu éxito, polo que é de entender o malestar dos autores de libros de temática homosexual ante o escándalo que se desatou durante os últimos días ante a presunta homofobia de Amazon, que fixo desaparecer (...)
Ler máisO Internet Explorer 8 será unha actualización oficial de Windows a finais de mes
O Internet Explorer 8 leva varias semanas dispoñible para a súa descarga, pero polo momento conta con pouca penetración no mercado, cousa que podería cambiar a partir de finais de mes, cando o novo navegador web de Microsoft incluirase nas actualizacións de Windows, aínda que a súa instalación non será totalmente automática, senón que pedirá confirmación ao (...)
Ler máisMediapro pretende optar á TDT de pago coa súa canle Gol TV
O anuncio do Ministerio de Industria de que a TDT de pago podería volver a ser unha realidade en España está a crear bastante polémica, pois tras a difusión da nova tiveron que matizar que era preciso o acordo do Consello de Ministros para que sexa posible a posta en marcha do novo modelo de explotación televisiva pois, entre outras cousas, haberá que axustar (...)
Ler máisO autor de Never Gonna Give You Up considérase explotado por YouTube
Nos últimos meses temos falado varias veces do fenómeno do Rickrolling (que levou a Rick Astley a ser considerado coma o mellor artista de todos os temos nos MTV Europe Music Awards) que non deixaba de ser unha broma na Internet que xerou preto de 20 millóns de reproducións do vídeo musical Never Gonna Give You Up, o que non parece estar a ser debidamente (...)
Ler máisUn programa baixa paulatinamente o volume do ordenador á hora de durmir
Os usuarios que adoiten escoitar música no ordenador e que a queiran durmir con ela posta poden optar por instalar no seu equipo (sempre que funcione co sistema operativo Windows) a aplicación de balde Sweet Dreams, que permite axustar o volume do son a través do tempo, para que, por exemplo, vaia reducíndose conforme avanza o tempo, para facilitar a (...)
Ler máisAdvirten de que a condena xudicial por unha web de descargas foi produto dun acordo entre as partes
Durante os últimos días moitos medios de comunicación están a dar conta do caso do «primeiro condenado a prisión por lucrarse coas descargas de Internet», pero as informacións publicadas resultaron ser moi imprecisas e estaban sesgadas e manipuladas, e non foi ata hoxe que puidemos coñecer máis detalles dunha sentenza xudicial do mes de xaneiro (polo que non (...)
Ler máisDan a coñecer a listaxe das meirandes operacións de venda da historia da Rede
Unha chea de negocios abertos en Internet, para que enganarnos, basean a súa estratexia a longo prazo nunha chamada na porta que non sempre chega. Referímonos ao arelado petar de cotelos da persoa que vén cunha maleta chea de cartos disposta a comprar todo o referente ao negocio. O problema e máis a vantaxe é que o ofrecemento non sempre chega, pero cando (...)
Ler máisA AI pide a recusación de González-Sinde por parcialidade e intereses persoais
Á Asociación de Internautas, entre outros moitos colectivos vinculados á Rede, a designación de Ángeles González-Sinde como nova ministra de Cultura semella terlle quitado o sono para o que fica de lexislatura. Motivos probablemente non lles faltan: a nova titular do departamento que máis competencia ten sobre a cuestión dos contidos e das descargas pola (...)
Ler máisO eDNI non acaba de despegar
O DNI electrónico comezou a súa andaina cunha chea de vantaxes e múltiples funcionalidades que en parte se viron ensombrecidas polos dificultosos procesos de expedición. En boa medida, e calquera que se vise obrigado a obter a certificación en períodos vacacionais saberá do que estamos a falar, o que ía dirixido a facernos a vida máis doada elixiu a vía máis (...)
Ler máisO verme Conficker pretende facer cartos coa venda dunha falsa aplicación de seguridade informática
A Internet estaba en alerta o pasado día 1 ante a posibilidade de que o verme Conficker afectase seriamente á seguridade da Rede, e finalmente parecía que a cousa quedara en nada, pero as compañías de anti-virus avisan de que non se tratou dunha falsa alerta, senón do feito de que os responsables da infección preferiron ser prudentes á hora de explotala, e (...)
Ler máis0 | ... | 36130 | 36140 | 36150 | 36160 | 36170 | 36180 | 36190 | 36200 | 36210 | ... | 42320