Novo Smartphone Airis T482: a oficina no peto
venres, 15 de febreiro do 2008
A firma de informática e electrónica de consumo Airis vén de presentar o seu novo PC-Móbil Smartphone T482, que combina un deseño innovador con tódalas funcionalidades do sistema operativo Windows Mobile 6.0.
Este pequeno ordenador de peto integra todo tipo de ferramentas, tales como GPS integrado, tecnoloxÃa push-email ou Outlook Pocket para enviar e recibir correo electrónico, sintonizador de radio FM, editor de arquivos de Word, Excel e Powerpoint, lector de documentos PDF... e todo iso nun só dispositivo de 165 gramos de peso.
Asemade, conta cunha pantalla táctil e unha interface moi doada de empregar que facilita a navegación por Internet nun entorno moi semellante ó de calquera PC.
Por outra banda, ademais de para o traballo, o Smartphone T482 tamén vén equipado para o lecer, ó contar con aplicacións que permiten chatear con outras persoas, ver pelÃculas, navegar pola Rede, escoitar música, facer fotografÃas, atopar a dirección dun restaurante... e grazas ás aplicacións incluÃdas como reprodutor Windows Media Player, radio FM, Pocket Messenger, MMS e SMS, Pocket Internet Explorer, cámara de 2.0 Mpx ou navegador GPS incorporado.
O T482 ofrece unha autonomÃa de catro horas en conversa e 100 horas en espera, asà como 250 horas en modo PDA grazas á baterÃa de Ión-Litio que incorpora.
O seu prezo é de 399 euros (IVE incluÃdo) e está dispoñible en tódalas tendas autorizadas da compañÃa.