Novo adaptador Bluetooth cunha cobertura de ata 100 metros

venres, 4 de abril do 2008 Marcus Fernández

Logitech comezou a comercializar no Xapón un novo adaptador Bluetooth 2.1 + EDR que funciona a través dun porto USB de calquera ordenador con Windows ou Mac OS X, e con respecto a outros adaptadores Bluetooth destaca por mellorar a súa cobertura e reducir o seu consumo.
O novo adaptador de Logitech promete establecer conexións ata a 100 metros de distancia, o que tamén permite multiplicar por 5 a autonomía de teclados e ratos sen fíos, pois precisa de menos enerxía para comunicarse cos mesmos.
Este trebello mide 19,2 x 9,0 x 59,6 milímetros, pesa 10 gramos e se vende por 2.280 iens (uns 14,17 euros).

PUBLICIDADE