Novo eReader con pantalla táctil e Wi-Fi por 240 euros
luns, 19 de abril do 2010
Os lectores de
libros electrónicos continúan a medrar en prestacións á vez que popularizan o
seu prezo, e coma exemplo deste cambio evolutivo temos ao Nvsbl
L337, un dispositivo con pantalla de 6 polgadas de tinta electrónica
con 16 niveis de gris e unha resolución de 800 x 600 pÃxeles que destaca
especialmente por ter unha pantalla táctil capacitiva e conectividade Wi-Fi,
facilitando a visita a tendas electrónicas de e-books dende as que descargar
directamente contidos para ler sen precisar dun ordenador coma intermediario.
O dispositivo está baseado en Linux, ten un procesador ARM9 a 400 MHz, 128 Mb de
RAM, 2 Gb de memoria interna (ocupada en boa medida polo sistema operativo do
trebello), lector de tarxetas microSD, baterÃa de 1.530 mAh (o que permite a
lectura de ata 10.000 páxinas) e un
atractivo prezo de 240 euros.
O Nvsbl L337 permite a lectura de HTML, TXT, ePUB, JPEG, PNG e BMP, asà coma de
documentos PDF (incluso con soporte de DRM) e ten unhas medidas de 124 x 170 x
8,8 milÃmetros.